Alternativa dos Veciños oponse á concesión de 385.000 € "a dedo" por parte da Deputación

Ángel García Seoane: « Non estou disposto a que o diñeiro público de todos os cidadáns se empregue en pagarlle o soldo a xogadores».

O Grupo provincial de Alternativa dos Veciños anuncia o seu voto negativo á concesión de subvencións nominativas por valor de 385.000 euros a clubs profesionais da provincia e cuxos convenios contan con informes de reparos suspensivos da Intervención provincial.

Se o Goberno provincial logra levar estes cinco asuntos a Pleno e consegue a maioría necesaria, 385.000 euros serán repartidos entre o Básquet Coruña, o Hockey Club Liceo, a Fundación Racing Club de Ferrol, o Santiago Futsal e o Universitario de Ferrol a través de subvencións nominativas, é dicir, fóra das convocatorias de concorrencia competitiva. A este respecto, os informes xurídicos tanto do secretario como do interventor xeral da Deputación sentencian que é unha irregularidade outorgar subvencións públicas para pagar soldos de xogadores ou impostos e advirten da responsabilidade contable na que se incorrerá en caso de se aprobar no Pleno as devanditas axudas.

 

A Coruña, 12 de marzo de 2018.

Desde Alternativa dos Veciños levamos case moitos anos —antes incluso da nosa entrada na Deputación en 2015— denunciando as asignacións "a dedo" na Deputación. A pesares de ver como as cifras deste tipo de axudas reducíronse con respecto á lexislatura de Diego Calvo, o certo é que seguimos asistindo prácticas do estilo por parte do Goberno bipartito de PSOE e BNG, aínda con informes tan duros dos servizos xurídicos da Deputación.

As citadas entidades non poden ter privilexios por riba dos centos de clubs de base aos que si ten que apoiar a Deputación. Na gran maioría, estes clubs de base logran o financiamento provincial a través de plans de concorrencia cuxas cifras son ridículas a respecto do que se lles quere entregar a estes clubs profesionais. En toda a provincia hai centos de entidades e escolas deportivas de todas as modalidades que non son profesionais, que contan con milleiros de nenos, nenas e persoas adultas e para as que se deben incrementar as axudas.

Por todas estas razóns, Alternativa dos Veciños fai público o seu voto en contra destas subvencións. Se a Deputación quere apoiar ao deporte profesional, ten que elaborar un concurso específico no que se recollan as actividades a subvencionar, pero iso si, nunca para pagar os soldos nin os impostos dos clubs.

Brasil paga su indolencia y empata con Suiza (1-1)

La canarinha se conforma con el gol de Coutinho y Zuber pone las tablas Neymar vuelve a jugar un partido oficial tras su lesión pero careció de ritmo Así te hemos contado el Brasil 1-1 Suiza , por Mario Vallejo Leer la noticia completa