O vindeiro domingo 14 de xaneiro os nosos xogadores Jacobo Díaz Rey e Mateo Cambón Domínguez acudirán a Estrada para participar na concentración da PRESELECCIÓN mini masculina para formar parte da SELECCIÓN GALEGA. Na convocatoria figuran dezaseis xogadores de toda Galicia e sentímonos moi orgullosos de que dous deles adestren nas Escola Basket Xiria de Carballo e Laracha.

 

Os xogadores están citados para as 11:30 horas no Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro. Os adestramentos serán en dobre sesión de mañán e tarde. A dirección técnica da Fegaba está realizando a preparación dos xogadores preselecionados coa mirada posta no campeonato de España de Seleccións Autonómicas que se celebrará a finais do mes de marzo.

Dende a EBX , queremos desexarlles a Jacobo e Mateo toda a sorte que se merecen e que sigan disfrutando da práctica do baloncesto.

El mundo del tenis - El tenis femenino

Cuarta entrega del programa de Manolo Santana dedicado al tenis. Ver vídeo