O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, recibiron hoxe un diploma de recoñecemento da Federación Provincial de ANPAs A Coruña-Costa da Morte pola colaboración do Concello de Carballo na 1ª edición da liga de xadrez organizada pola entidade. O acto tivo lugar no Casino, coincidindo cunha nova sesión da escola de xadrez.

 

A liga desenvolveuse entre o 28 de outubro e o 18 de novembro en Ponteceso e Mazaricos, ademais de Carballo, e contou coa participación de 104 escolares. 

Desde a organización destacaron a implicación das familias, dos concellos colaboradores, dos clubs de xadrez e das empresas patrocinadoras que fixeron posible que a actividade se desenvolvese satisfactoriamente. Desde o Concello de Carballo animan tanto á Federación Provincial de ANPAs como aos clubs a seguir apostando polo xadrez, un deporte que, como puidemos comprobar nas últimas competicións disputadas en Carballo, é interxeracional e ten moita afección na zona.