Un 26% dos/as participantes no Carballo Trail Race 2018 son mulleres. A primeira carreira de monte que se celebra na zona, organizada polo Concello de Carballo coa colaboración da Agrupación Deportiva Media Ducia, a Federación Galega de Atletismo e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballo, reunirá a 300 deportistas. A representación local supón un 16%, xa que hai 49 carballeses e carballesas entre os/as inscritos/as.

 

O Carballo Trail Race mestura deporte e medio ambiente. Por iso, entre as recomendacións que se trasladan desde a organización ás persoas participantes (apartado de descargas) figuran as de non invadir a vexetación ou as canles fluviais, evitar a produción de ruídos innecesarios ou posibles afeccións nas zonas da Rede Natura polas que atravesa o percorrido.

En canto ao aspecto deportivo, hai tres distancias en competición: o percorrido curto, de 10 quilómetros (con 500 metros de desnivel positivo), que sairá da praia de Razo e finalizará na parroquia de Cances, no campo de fútbol de O Vinculeiro; o percorrido longo, de 30 quilómetros (con 900 metros de desnivel positivo), que tamén sairá de Razo e pasará por Santa Mariña, cumio de Monte Neme, Cances, Liñeiro e ribeira do Anllóns para chegar á meta da zona escolar carballesa da Vila de Noia, e o percorrido de relevos, o mesmo que o longo, no que primeiro atleta correrá 10 quilómetros (+ 500 metros) e o segundo, 20 quilómetros (+ 400 metros). A organización habilitará tamén catro puntos de avituallamento e instalará duchas para todos os participantes na zona das dúas metas.

Entregaranse trofeos ao 1º, 2º, 3º clasificados masculino e feminino de cada unha das categorías (compartido, no caso de parellas), ademais de un trofeo aos primeiros carballés e carballesa en chegar á meta.

Descargas

El Iberostar Tenerife completa los cuartos de final y se enfrentará al Real Madrid

El equipo canario derrota al Betis y ocupa la última plaza de 'playoff' Baskonia-Unicaja, Barça-Andorra y Valencia-Herbalife, resto de cuartos Las eliminatorias, al mejor de tres partidos, comenzarán el domingo Leer la noticia completa