Chegado o mes de xaneiro, e continuando co desenvolvemento das competicións de

pista cuberta, presenciaremos o día 7 de xaneiro en Ourense a disputa dunha das

probas máis emocionantes do calendario autonómico como é a XIV Copa de Clubs de

Pista Cuberta, ca participación dos oito mellores equipos galegos actuáis.

 

Na categoría feminina tomarán parte de maneira directa os catro primeiros equipos

clasificados no Campionato de Clubs de Aire Libre do ano pasado na que lembramos

que as ferroláns do RIA proclamaríanse gañadoras. Xunto elas competirán polo título o

Atletismo Feminino Celta, ADAS-Proinor e Sociedad Gimnástica de Pontevedra,

estando acompañados por outros catro entidades que por estadillo completarán o total

de oito conxuntos (Lucus Caixa Rural, Club Atletismo Santiago, Escola Atlética

Lucense e Riazor Coruña).

Na categoría masculina, e xunto ó gañador do ano pasado a Sociedad Gimnástica de

Pontevedra, estarán clasificados de maneira directa o Real Club Atletismo Celta, C.A.

Narón e C.A.Santiago, ás que sumamos a incorporación por estadillo do Lucus Caixa

Rural, Riazor Coruña, ADAS-Prionor e Marineda Atlético.

Esta XIV Copa representa o primeiro test importante para os equipos de cara a perfilar

as súas distintas ligas e na que ademáis será unha boa ocasión, para ver en acción as

novas incorporacións de cara a esta nova tempada.

Gran Canaria supera al Barça por un punto en la Euroliga

El Herbalife no perdió la fe y logró una histórica victoria ante el equipo de Pesic (87-86) Leer la noticia completa